Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Entendo

Dende Afal desexamos informarche que a nosa páxina web utiliza cookies para analizar a navegación de usuarios.
As cookies son uns arquivos que se instalan no equipo desde o que accedes á nosa web coas finalidades que se describen nesta páxina.
A aplicación que utilizamos para obter e analizar a información da navegación é: Google Analytics: www.google.com/analytics/ e http://www.google.es/intl/es/analytics/privacyoverview.html
Esta aplicación foi desenvolvida por Google, que nos presta o servizo de análise da audiencia da nosa páxina. Esta empresa pode utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Podes coñecer esoutros usos desde as ligazóns indicadas.
Esta ferramenta non obtén datos dos nomes ou apelidos dos usuarios nin da dirección postal desde onde se conectan. A información que obtén esta relacionada por exemplo co número de páxinas visitadas, o idioma, rede social na que se publican as nosas noticias, a cidade á que está asignada a dirección IP desde a que acceden os usuarios, o número de usuarios que nos visitan, a frecuencia e reincidencia das visitas, o tempo de visita, o navegador que usan, o operador ou tipo de terminal desde o que se realiza a visita.
Esta información utilizámola para mellorar a nosa páxina, detectar novas necesidades e valorar as melloras para introducir coa finalidade de prestar un mellor servizo aos usuarios que nos visitan.
Para permitir, coñecer, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo podes facelo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.
Por exemplo podes atopar información sobre como facelo no caso que uses como navegador:
Firefox desde aquí: http://support.mozilla.org/es/products/firefox/cookies
Chrome desde aquí: http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=é&answer=95647
Explorer desde aquí: http://windows.microsoft.com/es-é/windows7/how-to-manage-cookies-in-internet-explorer-9
Safari desde aquí: http://support.apple.com/kb/ph5042
Opera desde aquí: http://help.opera.com/windows/11.50/é-É/cookies.html

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Servizos

Familias

AFAL Ferrolterra ofrece asesoramento e información ás familias sobre a rede de servizos e prestacións sociais das que poden ser beneficiarios, sen supoñer ningún custo adicional. Este conxunto de servizos está integrado principalmente polo catálogo de prestacións  ofrecidas polo Servizo de Atención á Dependencia, ampliándose mesmo ata  axudas de tipo puntual e periódico para a adaptación funcional do fogar ou os beneficios do grao de minusvalía, entre outros.

 

Ademais, o equipo de profesionais de AFAL Ferrolterra está a disposición das familias para explicarlles todos e cada un dos detalles da tramitación para realizar, un proceso que en moitos casos pode resultar complicado e confuso. Para acollerse a este servizo, tan só é necesario poñerse en contacto connosco e concertar unha reunión. Podes facelo acudindo á nosa sede -na rúa Río Castro, 43-45, baixo Ferrol- ou ben chamándonos por teléfono -981 37 06 92-. Non o dubides, en AFAL Ferrolterra estamos para axudarche.

En AFAL Ferrolterra somos conscientes da nova situación que se abre para as familias cando un dos seus seres queridos é diagnosticado de alzhéimer. O primeiro e principal é asegurar o seu benestar e conseguir unha mellor calidade de vida para el e a súa contorna próxima. A todo iso, súmanse trámites e xestións que en moitos casos resultan completamente descoñecidos para eles. Por iso, AFAL tamén ofrece un servizo de asesoramento xurídico completamente gratuíto.

 

A través do mesmo, a nosa asociación atende consultas de información inicial; facilita determinadas xestións ante organismos públicos; ofrece información sobre procedementos de incapacidade (trámites que se poden realizar de forma gratuíta contactando co Ministerio Fiscal) ou declaración de herdeiros, tamén colaboramos na redacción de informes escritos e xestionamos procedementos administrativos. Se necesitas algún destes servizos, contacta con AFAL. Concertaremos unha entrevista persoal na que che daremos toda a información que precises. Chámanos ao 981 37 06 92 ou acode á nosa asociación.

A atención psicolóxica a familiares coidadores de enfermos de alzhéimer e outras demencias é fundamental e precisa dunha serie de accións destinadas a ofrecer apoio ante as reaccións e dificultades emocionais que poden xurdir no coidador ao longo da enfermidade. A través das mesmas, AFAL axuda a favorecer a aceptación e un afrontamento adaptativo ao longo da evolución da enfermidade, fomentando comportamentos e emocións adecuadas á situación. Ademais, o apoio psicolóxico que brindamos permite acompañar e ofrecer soporte emocional para motivar ás familias no proceso do coidado.

 

Non só iso, ofrecemos espazos de formación e intercambio de experiencias con outras persoas que se atopan na mesma situación para evitar ou diminuír a percepción de soidade e illamento do coidador familiar e mellorar o manexo da sintomatoloxía propia da demencia. Ofrecemos apoio e asesoramento para reducir o risco de claudicación do coidador principal e fomentamos a idea de "coidarse para coidar".

Hoxe en día existen moitas e diversas medidas e produtos para facilitar o coidado dos nosos familiares enfermos de alzhéimer ou outras demencias e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade de vida destes e dos seus coidadores. En AFAL impulsamos un programa de adaptación do fogar no que os nosos técnicos realizan unha diagnose da vivenda, detectando barreiras arquitectónicas para, posteriormente, expor medidas sinxelas coas que cumprir os obxectivos descritos. Non só iso, poñemos a disposición das familias o préstamo de produtos de apoio, como camas articuladas, andadores ou cadeiras xeriátricas.


Ademais, de forma pioneira en Galicia, AFAL Ferrolterra ideaba un sistema de localización que permite localizar ao noso familiar diagnosticado de alzhéimer. Unha simple praca cun código QR que pode resultar moi útil en casos de desorientación, xa presente nas etapas máis iniciais da enfermidade. E un servizo que a nosa asociación ofrece completamente gratis aos socios e usuarios.

A formación é un pilar fundamental na acción de AFAL Ferrolterra e unha necesidade para as familias, que atopan nela unha resposta á consígna de "Coidarse para coidar". Na medida das nosas posibilidades, ofrecemos asesoramento na atención que deben prestar os coidadores aos seus familiares, tanto en entrevistas personalizadas como en cursos e accións formativas concretas organizadas pola asociación nas súas instalacións. Ademais, e en colaboración con institucións e administracións, promovemos unha serie de cursos específicos sobre diversas materias, como técnicas de adaptación da contorna e produtos de apoio; mobilizacións e transferencias; animación e estimulación, comunicación ou recursos sociais dispoñibles para as familias.


A isto súmanse as charlas informativas que AFAL ofrece a demanda de calquera asociación, institución ou administración. Charlas nas que falamos de alzhéimer e aspectos máis concretos, e que realizamos de modo altruísta e gratuíto. Se queres solicitar unha, tan só tes que poñerte en contacto e cadraremos axendas.

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior