Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Saber máis

Entendo

Dende Afal desexamos informarche que a nosa páxina web utiliza cookies para analizar a navegación de usuarios.
As cookies son uns arquivos que se instalan no equipo desde o que accedes á nosa web coas finalidades que se describen nesta páxina.
A aplicación que utilizamos para obter e analizar a información da navegación é: Google Analytics: www.google.com/analytics/ e http://www.google.es/intl/es/analytics/privacyoverview.html
Esta aplicación foi desenvolvida por Google, que nos presta o servizo de análise da audiencia da nosa páxina. Esta empresa pode utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Podes coñecer esoutros usos desde as ligazóns indicadas.
Esta ferramenta non obtén datos dos nomes ou apelidos dos usuarios nin da dirección postal desde onde se conectan. A información que obtén esta relacionada por exemplo co número de páxinas visitadas, o idioma, rede social na que se publican as nosas noticias, a cidade á que está asignada a dirección IP desde a que acceden os usuarios, o número de usuarios que nos visitan, a frecuencia e reincidencia das visitas, o tempo de visita, o navegador que usan, o operador ou tipo de terminal desde o que se realiza a visita.
Esta información utilizámola para mellorar a nosa páxina, detectar novas necesidades e valorar as melloras para introducir coa finalidade de prestar un mellor servizo aos usuarios que nos visitan.
Para permitir, coñecer, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo podes facelo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.
Por exemplo podes atopar información sobre como facelo no caso que uses como navegador:
Firefox desde aquí: http://support.mozilla.org/es/products/firefox/cookies
Chrome desde aquí: http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=é&answer=95647
Explorer desde aquí: http://windows.microsoft.com/es-é/windows7/how-to-manage-cookies-in-internet-explorer-9
Safari desde aquí: http://support.apple.com/kb/ph5042
Opera desde aquí: http://help.opera.com/windows/11.50/é-É/cookies.html

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Noticias

Terá lugar este venres 22 de novembro, ás 17 horas, na asociación

Ferrol, 18 de novembro de 2019. O presidente de AFAL Ferrolterra, Francisco Pantín, informou esta mañá da celebración dunha charla formativa sobre teleasistencia na sede da asociación. Terá lugar este venres 22 de novembro, a partir das 17 horas, con entrada libre e de balde. Así, animou a todo o mundo a acudir a AFAL (r/Río Castro, 43-45 baixo Ferrol) e participar na mesma.

Estará impartida por Julio Donoso, responsable da firma local Grupo CI, expertos en sistemas de geolocalización de persoas. Sistemas para que as familias poidan coñecer en todo momento a ubicación, vía GPS, da persoa afectada de alzheimer ou outra demencia, gañando en tranquilidade. Así, na charla amosaranse os diferentes recursos disponibles e as súas prestacións.

AFAL anuncia a apertura do prazo de inscrición nesta acción formativa dirixida a familiares coidadores de persoas afectadas de alzheimer ou outra demencia

Gratuíta, celebrarase en dúas xornadas, o próximo martes e o xoves 28

Cariño, 14 de novembro de 2019. O Concello de Cariño acollerá os días 19 e 28 de novembro o curso “Xuntos nos coidados”. Unha acción formativa dirixida a familiares ao coidado de persoas con alzheimer ou outro tipo de demencias organizada pola Federación Alzheimer Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Concello de Cariño. A participación é gratuíta e as prazas limitadas. Así, segundo explicou o presidente de AFAL, Francisco Pantín, as persoas interesadas en tomar parte poden anotarse na asociación (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol) ou chamando ao teléfono 981 37 06 92.

O curso, que guiará a psicóloga de AFAL Teresa López Allegue, desenvolverase no Local Social de Cariño o próximo martes 19 e no Auditorio Municipal o xoves 28 de novembro en horario de 16 a 19 horas. O obxectivo é formar a homes e mulleres que se ocupan da atención a familiares que sofren demencia para ensinarlles como afrontar as distintas fases da enfermidade. Así, realizarase unha introducción á enfermidade de alzheimer, darase conta dos síntomas cognitivos e non cognitivos da doenza e mostrarase aos participantes as terapias non farmacolóxicas, as claves da comunicación con persoas con demencia ou o modo de autocoidarse.

Aínda quedan prazas libres, polo que as persoas maiores de 55 interesadas na iniciativa, gratuíta e guiada por AFAL Ferrolterra, poden anotarse na Concellería de Servizos Sociais de Valdoviño

Valdoviño, 13 de novembro de 2019. Un total de 33 veciños e veciñas de Valdoviño maiores de 55 anos participan dende esta semana nos obradoiros de musicoterapia que, baixo o título «Ponlle ritmo á vida!», vén de poñer en marcha o Concello nas parroquias de Pantín, Sequeiro e Vilaboa (inicialmente tamén se contemplaba Meirás, aínda que non se reuniu un mínimo de participantes para iniciar as sesións). En todo caso, aínda quedan prazas libres, polo que as persoas interesadas poden anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais, de forma presencial –pranta baixa do consistorio- ou chamando ao teléfono 981 48 70 41 ext.5.

O programa, gratuíto para as familias, contempla sesións mensuais ata xuño e busca crear un grupo de axuda mutua entre persoas coidadoras

A inscrición está aberta en AFAL e na Concellería de Servizos Sociais

Pontedeume, 11 de novembro de 2019. A Concellería de Servizos Sociais de Pontedeume e AFAL Ferrolterra manteñen aberto o prazo de inscrición nun programa formativo dirixido ás persoas coidadoras de familiares con alzheimer e outras demencias. Contempla sesións mensuais ata xuño, é completamente gratuíto e o seu obxectivo último pasa pola creación dun grupo de axuda mutua entre persoas coidadoras.

O proxecto inclúese no programa Rede Paraugas Alzheimer 4.0 que impulsa a Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia e nel colabora o Concello de Pontedeume e AFAL, asociación encargada de guiar as sesións. A próxima celebrarase o xoves 21 de novembro na Casa da Cultura de Pontedeume, de 16 a 19 horas, e as seguintes datas pechadas serán os días 11 e 18 de decembro, no mesmo horario e escenario.

Celebraranse en Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa, son gratuítos, e estarán guiados por AFAL Ferrolterra

Valdoviño, 5 de novembro de 2019. Baixo o título «Ponlle ritmo á vida!», o Concello de Valdoviño pon en marcha obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos. E farao levando as sesións cada semana ás diferentes parroquias. En concreto, a Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa. Nesta liña, a Concellería de Servizos Sociais vén de abrir o prazo de inscrición no programa, con custe cero para as persoas participantes.

As prazas son limitadas e para anotarse é preciso formalizar a solicitude no departamento municipal de Servizos Sociais, de forma presencial –pranta baixa do consistorio- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5. A actividade estará guiada por AFAL –Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ferrol e comarca- e arrancará a vindeira semana. Os luns celebrarase ás 16 horas en Vilaboa e ás 18 horas en Meirás; os martes, ás 16 horas, en Pantín e, os xoves, ás 16 horas, será o turno de Sequeiro. A duración das sesións é de hora e media.

No marco das Axudas ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4}, cofinan­ciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR}, solicitouse a subvención da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a Estratexia de desenvolvemento local) mediante un proxecto de natureza non produtiva para o programa "SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO PARA A ZONA RURAL".

Este programa, desenvolvido pala Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias·_ AFAL Ferrolterra, fo¡' subvencionado pala Consellería do Medio Rural, mediante resolución de data 22 de agosto de 2019, estando cofinanciada esta subvención polo FONDO FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural) (nunha porcentaxe do 75 %} e coas achegas das administracións públicas nacionais: ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO (nunha porcentaxe do 2,5 %} e XUNTA DE GALICIA (nunha porcentaxe do 22,5 %} para a adquisición dunha furgoneta adaptada. 

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior