No marco das Axudas ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4}, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR}, solicitouse a subvención da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a Estratexia de desenvolvemento local) mediante un proxecto de natureza non produtiva para o programa "SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO PARA A ZONA RURAL".
Este programa, desenvolvido pala Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias·_ AFAL Ferrolterra, fo¡' subvencionado pala Consellería do Medio Rural, mediante resolución de data 22 de agosto de 2019, estando cofinanciada esta subvención polo FONDO FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural) (nunha porcentaxe do 75 %} e coas achegas das administracións públicas nacionais: ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO (nunha porcentaxe do 2,5 %} e XUNTA DE GALICIA (nunha porcentaxe do 22,5 %} para a adquisición dunha furgoneta adaptada.
Coa compra desta furgoneta preténdese proporcionar un servizo de transporte adaptado para a zona rural da comarca de Ferrolterra, incrementando o acceso dos/as potenciais usuarios/as a un abano de servizos máis amplo, proporcionándolles unha atención integral, que free o avance da doenza, garantindo a asistencia a servizos específicos para o tratamento terapéutico do Alzheimer e outras demencias e facilitando a conciliación laboral -familiar da persoa coidadora.