É un sentimento moi común nos coidadores e a nosa psicóloga Julia Cabanas ofrécenos algunhas claves para convivir con ela e afrontala
O exercicio de coidar é unha aprendizaxe constante, baseado en necesidades físicas e biolóxicas en relación co nivel de dependencia do paciente (Cattani and Giradon-Perlini, 2004).
Durante a dura experiencia do coidado, moitísimos coidadores teñen sentimentos de illamento e soidade que poden ser causados polo cambio no estilo de vida anteriores á enfermidade, polo cambio de hábitos, modificación de rutinas, estes cambios poden chegar a desenvolver unha sensación de illamento do coidador respecto da súa contorna e pode conducir a que se senta só e illado.
Aprender a convivir coa soidade
Ter un sentimento de soidade non significa permanecer illado fisicamente. A soidade pode presentarse en diferentes formas:
-A soidade percibida sería aquela que se sente aínda estando rodeada de persoas. O coidador pode verse nesta situación cando non pode expresar as súas emocións cos que lle rodean xa sexa por falta de tempo, porque non se lle presta atención nin recoñecemento ao seu labor, porque non entenden a vivencia persoal pola que está a pasar… séntese incomprendido ou cunha sensación de estar só na tarefa do coidado.
-A soidade real que sente o familiar coidador, na que está realmente só, convive só co enfermo, non recibe visitas e se sente illado, ben porque o seu familiar enfermo era a única persoa con quen mantiña un vínculo, ou porque ao longo do desenvolvemento da enfermidade foi perdendo o contacto cos demais e illouse completamente.
-A soidade como illamento voluntario por parte do coidador, sen ser unha imposición, chegando a un estado de aceptación da soidade como algo temporal como un tempo de encontro e reflexión cun mesmo que nos resulte reconfortante.
“Non busques a soidade senón queres”
Algúns consellos e recomendacións para combater a soidade:
-Tente buscar un espazo onde abordar de forma positiva a soidade do coidador Despois dun descanso, poderá retomar as súas tarefas de coidado con máis ánimo. Tente organizarse para atopar momentos do día para o propio benestar.
-Evite quedar illado. Se por motivos de saúde do seu familiar non pode saír, convide a que outros poidan visitalos e gozar da súa compañía.
-Participe e goce dalgunha actividade que lle faga sentirse ben e o distraia da súa rutina diaria. Utilizando o tempo libre para participar en actividades que lle fagan sentir renovado. Ximnasio, camiñar, ir ao cinema, a participación nas súas aficións son de axuda para sentirse conectado coa realidade e manter o contacto con amigos e seres queridos.
-Identifique as súas emocións, de tristeza, amor, enfado, medo… Non ignore o seu estado emocional. Busque a axuda que poida necesitar, xa sexa nun familiar, amigo ou profesional que saiba escoitalo e comprendelo.
-O pedir axuda forma parte do antídoto contra a soidade. Exprese a necesidade de axuda e apoio sendo moi concreto. En ocasións, a contorna descoñece a necesidade ou non sabe como colaborar no coidado. Os grupos de apoio a familiares e coidadores poden ser un gran soporte para afrontar a soidade e compartir sentimentos comúns. Lembre que hai persoas en situacións similares que se senten da mesma maneira.
NON ESQUEZAS
“O teu modo de pensar inflúe no teu sentimento de soidade e na túa actitude de illamento”.