Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Servizos

Servizos descentralizados

AFAL Ferrolterra dispón dunha ampla oferta formativa dirixida a administracións públicas e institucións que permite achegar tamén este capítulo aos veciños dos concellos emprazados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Coidadores e profesionais son os principais destinatarios de toda unha serie de cursos específicos sobre diversas materias, como técnicas de adaptación da contorna e produtos de apoio; mobilizacións e transferencias; animación e estimulación, comunicación ou recursos sociais dispoñibles para as familias. Accións que se desenvolven de forma puntual ao longo do ano e que os concellos adoitan incluír nos seus programas de formación.

 

A todo iso súmanse as charlas informativas que AFAL Ferrolterra, a través do seu equipo de profesionais, ofrece a demanda de calquera administración pública. Charlas nas que falamos de alzhéimer e aspectos máis concretos, e que realizamos ao longo de todo o ano de modo completamente altruísta e gratuíto.

 

Os cursos e accións formativas que desenvolvemos para concellos:

 

  • Curso Coidados do coidador: abordamos o impacto da enfermidade na familia e os riscos psicolóxicos que supón o coidado da persoa dependente nos coidadores principais. Con este curso preténdese achegar estratexias que permitan unha aceptación da enfermidade; mellorar o manexo das emocións asociadas co fin de evitar a sobrecarga, e aprender a convivir coa enfermidade de alzhéimer.

 

  • Formación en técnicas de adaptación da contorna e produtos de apoio: achegamos información sobre todas aquelas modificacións que se poden acometer no ambiente físico que rodea á persoa enferma de alzhéimer e outras demencias que lle permitan a realización das actividades cotiás (asearse, cociñar, camiñar, etc.) dunha maneira máis segura, sinxela e favorecendo a autonomía.

 

  • Curso sobre estratexias de comunicación na enfermidade de alzhéimer e outras demencias: a progresiva perda da linguaxe expresiva xera, tanto no enfermo de alzhéimer como no coidador, importantes dificultades na comunicación e na relación entre coidador-persoa coidada. Con este curso preténdese proporcionar aos coidadores unha serie de recursos básicos para facer fronte ás situacións de incomunicación que adoitan acompañar á enfermidade.

 

  • Formación en mobilizacións e transferencias en persoas dependentes: consiste en adquirir os coñecementos necesarios para coidar a nosa hixiene postural e adquirir técnicas para mellorar a calidade de vida da persoa dependente.

 

  • Curso sobre alzhéimer e integración social: a través deste curso danse a coñecer as habilidades e ferramentas básicas necesarias para levar a cabo actividades de psicoestimulación, psicomotricidade, xogos, etc.

 

  • Curso de recursos sociais para a atención a persoas con alzhéimer e outras demencias: con esta acción formativa pretendemos dar a coñecer os recursos sociais existentes e que serven de apoio no coidado da persoa dependente e aseguren a maior calidade de vida posible.

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior