Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Servizos

Atención alzhéimer

As persoas afectadas pola enfermidade de alzhéimer ou outras demencias ademais da afectación cognitiva sofren a miúdo síntomas psicolóxicos e do comportamento que afectan negativamente á súa vida social e familiar. En ocasións esta sintomatoloxía é unha manifestación máis da propia enfermidade e, noutras, é un síntoma do impacto que a enfermidade ten sobre a persoa.


Desde AFAL Ferrolterra realízanse unha serie de intervencións dirixidas ao tratamento e manexo da citada sintomatoloxía co obxectivo de minimizar no posible o seu impacto e lograr o maior benestar psicolóxico e social posible na persoa afectada.

 

Para logralo establecemos como punto de partida a comprensión da realidade que está a vivir o propio enfermo para así establecer un estilo de comunicación coa que se facilite a interacción. Posteriormente e se a situación o esixe, levaríase a cabo unha intervención sobre os síntomas psicolóxicos e do comportamento utilizando  estratexias que favorezan un comportamento máis adaptativo.

 

Consulta as terapias para persoas con enfermidade de alzhéimer e outras demencias:

 

  • Terapia de validación: trátase dun método de intervención baseado nunha adecuada comunicación entre profesionais e usuarios. Expón un estilo de comunicación baseado nunha actitude de respecto e empatía que se fundamenta na existencia dunha razón tras as alteracións de conduta. É un intento de comprender o marco referencial da persoa con independencia da súa afectación nese momento. O obxectivo é reestruturar a autoestima, reducir o grao de illamento, promover a comunicación e reducir a ansiedade nas persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias.

 

  • Avaliación e intervención sobre os síntomas psicolóxicos e do comportamento na demencia (SPCD): trátase de identificar e medir os síntomas psicolóxicos e do comportamento na demencia (SPCD) así como as variables (tanto ambientais como organísmicas) que as controlan co propósito de entender e intervir de forma terapéutica sobre elas. Para intervir e tratar estes síntomas desenvolvésense estratexias para facilitar e reforzar un comportamento alternativo, modificarase/adaptarase o ambiente e incluiranse medios técnicos que reduzan o malestar (música, uso de obxectos tranquilizadores, etc).

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior