Tan importante es el tratamiento farmacológico como el no farmacológico en la enfermedad de alzhéimer. De hecho, y a falta de cura, uno y otro se complementan a la perfección para contribuir a retardar el avance de la dolencia y también mejorar la calidad de vida de las personas. Cada día, los centros terapéuticos de AFAL Ferrolterra llevan a cabo una serie de terapias con las que cumplir este objetivo. Terapias con las que estimular las capacidades de los usuarios, adaptadas a la fase de la enfermedad en la que se encuentren y, sobre todo, que resulten atractivas y gratificantes para ellos.
Un equipo de profesionais guía as sesións, que se suceden ao longo de mañá e tarde. Técnicas e estratexias coas que activar, estimular e adestrar as capacidades e funcións cognitivas dos nosos usuarios a través de diferentes ferramentas. Pintura, manualidades, calceta, novas tecnoloxías, música... son moitos e variados os talleres. Para coñecelos, animámosche a que continúes lendo.
Terapia de Orientación á Realidade
A terapia de orientación á realidade (TOR) contempla un conxunto de técnicas mediante as cales a persoa toma conciencia da súa situación no tempo (orientación temporal), no espazo (orientación espacial) e respecto da súa propia persoa (orientación persoal). Proporciona á persoa unha maior comprensión daquilo que a rodea, e aumento a sensación de control e a autoestima. Con esta terapia preténdese evitar a desconexión coa contorna e manter as súas habilidades interpersoais.
Psicoestimulación cognitiva
Ofrecemos un conxunto de técnicas e estratexias coas que activar, estimular e adestrar as distintas capacidades e funcións cognitivas (percepción, atención, razoamento, abstracción, memoria, linguaxe, procesos de orientación e praxias). É importante traballar sobre as capacidades residuais da persoa para lograr evitar a frustración do enfermo. Esta terapia lévase a cabo mediante exercicios prácticos a nivel individual, cun enfoque lúdico a nivel global ou por medio das TIC's (estimulación cognitiva a través do ordenador).
Pintura e manualidades
Nestes obradoiros realízanse traballos manuais e creativos co fin de estimular as capacidades de psicomotricidade fina, capacidades cognitivas e psicoafectivas. O noso obxectivo é manter as capacidades e mellorar a autoestima das persoas con alzhéimer e outras demencias. Unha actividade sumamente gratificante para os participantes na que, en moitas ocasións, recuperan mesmo accións que os acompañaron ao longo da súa vida, como a costura, a calceta ou a pintura.
Actividades da vida diaria
Terapia coa que se adestran actividades da vida cotiá e estimúlanse as habilidades de desempeño necesarias para levar a cabo ditas actividades co fin de manter a maior autonomía posible das persoas afectadas. No marco destes obradoiros é habitual ver aos usuarios elaborando saborosas receitas de cociña que a posteriori degustan; poñer a mesa mentando os cubertos que necesitan segundo o menú, ou dar un paseo virtual polas rúas de Ferrol.
Talleres ocupacionais
Levan a cabo actividades vinculadas aos seus gustos e intereses pasados ou presentes (calceta, costura, xogos de mesa...) co fin primordial de estimular as diferentes capacidades cognitivas, afectivas e psicomotoras das persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias. De igual modo, neste tipo de obradoiros, o equipo de AFAL busca fomentar a participación satisfactoria na área de lecer da persoa afectada por alzhéimer e outras demencias. De aí o éxito da iniciativa.
Reminiscencia
Téntase provocar unha evocación de situacións do pasado (mocidade ou infancia), activando o funcionamento e a reminiscencia da memoria remota e resaltando aspectos emocionais do recordo como: acontecementos históricos e persoais significativos para o individuo, sensacións, cheiros ou simplemente o recoñecemento de obxectos. Utilízanse recursos como fotografías, música, arquivos gravados, artigos de xornal do pasado, obxectos domésticos, conversacións, etc, co obxectivo de conservar a identidade do suxeito mediante a reactivación do seu pasado persoal.
Musicoterapia
Nestes obradoiros, AFAL recorre á música como ferramenta terapéutica para estimular as emocións e os recordos significativos da historia de vida de todos e cada un dos participantes na actividade. O obxectivo non é outro que conseguir aumentar a expresión física, xestual, verbal e emocional. Obxectivo garantido con esta terapia, realmente gratificante para os seus participantes e que foi xerme doutros moitos programas ideados polo equipo de AFAL Ferrolterra, como o Bingo Musical ou o programa "Notas que non se esquecen" (terapia de reprodución de listas musicais personalizadas a través de cascos).
Método Montessori
Constitúe un método dirixido fundamentalmente a persoas que se atopan nunha fase moderada severa da enfermidade de alzhéimer. A través desta terapia, o equipo de terapeutas de AFAL Ferrolterra proporciona tarefas adaptadas ás capacidades de todos e cada un dos participantes, co obxectivo de manter as habilidades necesarias para a realización das actividades da vida diaria, as destrezas cognitivas, afectivas e de psicomotricidade fina, entre outras.
Psicomotricidade
Intervención terapéutica cuxo obxectivo é o desenvolvemento das posibilidades motrices, expresivas e creativas a partir do corpo, centrando a súa actividade e interese no movemento. A psicomotricidade está formada por un conxunto de actividades físicas controladas, realizadas de forma grupal ou individual, que inclúen unha serie de exercicios adaptados ás características psicofísicas dos usuarios. Tenta, a través do movemento, desenvolver e reforzar o recoñecemento e control do propio corpo, do espazo e o fomento da dimensión relacional da persoa.
Terapia asistida con animais
Trátase dunha alternativa terapéutica que emprega o can como axente motivador para os maiores. Este tipo de terapia mellora o estado anímico, a autoestima e a confianza nun mesmo. Así mesmo, foméntase a comunicación xestual e oral, a socialización, a estimulación sensitiva e a reminiscencia. A nivel motor, conséguense beneficios na coordinación, os reflexos e a mobilidade articular. lévanse a cabo actividades de coidado do can, actividades de psicomotricidade e actividades de estimulación cognitiva.
Natura: Estímulos vivos
Nace da necesidade de explorar opcións de intervención que supoñan na súa esencia unha fonte de estímulos nova. Natura ten unha visión integral da intervención desde o centro de día e aproveita fundamentalmente estímulos que nos ofrece o medio natural combinándoos con sesións de reminiscencia e saídas terapéuticas. Realízanse talleres de plantación e mantemento de diversas prantas dependendo da época do ano. Coas sesións de reminiscencia preténdese evocar recordos agradables vinculados á natureza.
Estimulanet
Permite ampliar os recursos para levar a cabo a psicoestimulación cognitiva co fin de manter as capacidades de linguaxe, atención, cálculo, praxe e memoria o máximo tempo posible. As sesións consisten en tratamentos de adestramento das funcións cognitivas mediante programas interactivos con pantallas táctiles. A súa finalidade é manter o estadío cognitivo basal; enriquecer a psicoestimulación cognitiva mediante fontes de estímulos a nivel visual e sonoro, e ofrecer unha actividade atractiva e satisfactoria.
Terapias en sociedade
É un dos programas de referencia de AFAL. A través do mesmo, os maiores realizan actividades moi gratificantes para eles no exterior dos centros de día. Este tipo de patoloxías provocan que moitas veces a persoa que a padece se senta perdida, illada do mundo, polo que a entidade busca crear un contexto de vida estimulante. Neste sentido, o achegamento aos recursos comunitarios constitúe un elemento clave para conseguir a normalización do alzhéimer na sociedade.