Alzheimer Ferrolterra

981 370 692

Identificarse

Login

Usuario
Password *
Lembrarme

Séguenos en...  

Terapias innovadoras

Investigamos e innovamos para ofrecer sempre novas terapias que melloren a calidade de vida dos nosos maiores...

Familias

Estamos para axudar ás familias. Axudarémosche cos trámites legais, prestámosche apoio psicolóxico...

Tratamento non farmacolóxico

Cada día, desenvolvemos terapias que permiten, xunto ao tratamento farmacolóxico, estimular aos nosos maiores e retardar o avance da enfermidade…

Formación

Como centro formador, programamos ao longo do ano accións e cursos, charlas e conferencias...

Máis cerca de ti

Estamos para ti nos nosos centros de día terapéuticos de Ferrol, pero tamén nos concellos da comarca...

Publicacións

Enfermidade de alzheimer  Enfermedad de alzheimer publicacion
Guia coidadores fagal  guia coidadores fagal castellano publicacion
Guia de musicoterapia  guia de musicoterapia publicaciones
Guia de reeducación psicomotriz  guia de reeducacion psicomotriz

Guia para persoas que coidan enfermos de alzheimer

 guia para personas que cuidan enfermos de alzheimer publicaciones
Recomendacións para a atención de persoas con dependencia  recomendaciones para la atencion de personas con dependencia publicaciones

Servizos

Atención alzhéimer

Sen dúbida, o diagnóstico temperán da enfermidade de alzhéimer en fase de demencia leve segue sendo unha ferramenta fundamental para mellorar a calidade de vida dos pacientes. A enfermidade de alzhéimer ten tratamento. Son moitos os estudos científicos que constatan a existencia de certos fármacos que demostraron eficacia á hora de mellorar os síntomas cognitivos, conductuais e funcionais, e mesmo estabilizar entre seis e dezaoito meses a evolución dos síntomas. De igual xeito, tamén existen tratamentos non farmacolóxicos baseados na estimulación cognitiva que axudan a preservar durante máis tempo as capacidades destas persoas.

 

Desde AFAL Ferrolterra, queremos seguir avanzando na loita contra o alzhéimer e, por este motivo, a asociación fai unha aposta decidida planteando o "Programa de Intervención Precoz en Estadíos Iniciais" da enfermidade, sendo conscientes da importancia da intervención precoz tanto das persoas afectadas como das súas familias..

 

Coñece ao detalle en que consiste o noso programa:

 

Descrición: a finalidade deste programa é previr a aparición da enfermidade de alzhéimer e outros cadros de demencia a través dun diagnóstico precoz e da estimulación temperá, co fin de manter as capacidades cognitivas e funcionais das persoas afectadas o maior tempo posible, retrasando a súa deterioración e perda de autonomía. Incidindo así na mellora da calidade de vida das persoas afectadas e dos seus familiares.

 

Obxetivos:

  • Asesorar á poboación en situación de risco sobre a enfermidade de alzhéimer e outras demencias.
  • Desenvolver un programa de intervención precoz que contribúa ao mantemento da autonomía das persoas afectadas.
  • Atrasar e minorar os síntomas cognitivos, conductuais e funcionais mellorando a calidade de vida das persoas afectada o maior tempo posible.
  • Facilitar un diagnóstico temperán.
  • Proporcionar apoio psicolóxico e formación aos familiares coidadores, axudando a manter a calidade de vida da persoa afectadas e mantendo san ao coidador.
  • Favorecer a toma de decisións das familias afectadas.

 

Destinatarios:

  • Poboación en situación de risco: persoas con queixas subxectivas sobre o funcionamento da memoria.   
  • Persoas con deterioración cognitiva leve, demencia en fase leve.
  • Familiares e/ou coidadores de persoas con deterioración cognitiva leve ou demencia leve.

Entidades colaboradoras

¡Faite Socio!

Axúdanos a levar a cabo os nosos proxectos

A túa axuda é importante, se queres colaborar connosco máis activamente, por favor, descarga o formulario correspondente e fáinolo chegar á nosa sede.

Contacta con nós

E-mail

Teléfono

Fax

Enderezo

afalferrolterra@afalferroterra.com

981 370 692

981 931 830

R/Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña)

Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas

Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior